Castelo, TaboadaPara outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castelo.
Santa María de Castelo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 89 habitantes (52 mulleres e 37 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes. XeografíaA parroquia ocupa o espazo centro-sur do concello. Limita ao norte con Carballo, ao leste con San Salvador de Ínsua e San Xián de Ínsua, ao sur con Sobrecedo e Vilela e o oeste con Campo. O río Toldao atravésaa polo norte (marcando o seu linde nalgúns puntos) e vai desembocar no encoro de Belesar. Consta de sete lugares: Frameán, Perrelos, Faquiós, Airexe, Castelo, Ider e Covas. Predominan os bosques autóctonos de carballo e castiñeiro e os pastos. Na parte oriental a paisaxe é de ribeira. HistoriaDa época prerromana consérvase o castro de Castelo, onde cada 7 de setembro se celebra a Queima das Fachas, declarada Festa de interese turístico de Galicia, e que abre as festas parroquiais[2]. Da época romana consérvase un sartego ou furna antropomórfica preto do lugar de Frameán. A súa función semella ser máis como monumento funerario que como sepulcro[3]. Similar a esta atópase unha en Fornas, no concello de Chantada. Tamén no lugar de Covas tense constancia dunha explotación de prata da que dan conta uns regos da leira e a denominación nalgún catastro da concentración parcelaria de Monte da Prata para un lugar próximo. Hai tamén unha fonte presumibelmente de orixe romana[4]. Do período suevo-visigótico dá conta a toponimia: Faquiós e Frameán. No Testamento Odoariano, do ano 747, aparece por primeira vez o nome de Castelo, relacionado co citado castro. Da época románica dá conta a igrexa parroquial, no lugar de Airexe, da segunda metade do século XII e con algunhas modificacións posteriores. No lugar de Covas existe constancia de presenza humana durante a Idade Media: unha ponte sobre o Toldao anterior ao século XVI, cunha cruz do XVIII; durante a Idade Moderna, a capela. Estivo habitado por freires que traballaban as terras en réxime de autosuficiencia e cobraban o décimo de terras circundantes. Tamén o carlismo estivo presente na parroquia, se ben de maneira residual como no resto de Galiza. Deste período da Historia dá conta o Carballo dos Cartos, que segundo a lenda albergaba o tesouro dun carlista exiliado, que foi colocado no lugar de Airexe. Galería de imaxes
Lugares e parroquiasLugares de Castelo
Parroquias de TaboadaNotas
Véxase taménOutros artigos |