Carpa común
A carpa[2] común (Cyprinus carpio) é unha especie de peixes de auga doce de augas eutróficas que vive en lagos e grandes ríos de Europa e Asia.[3][4] As poboacións silvestres nativas considéranse vulnerables á extinción pola IUCN,[1] pero a especie foi tamén domesticada e introducida no medio ambiente por todo o mundo, e a miúdo é considerada unha especie invasora destrutiva,[3] e está incluída na lista de 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo. Cyprinus carpio dálle o nome á familia Cyprinidae. Taxonomía![]() Presenta dúas subespecies, que son:
No pasado recoñecérase unha terceira subespecie, C. c. haematopterus (carpa do Amur) nativa do leste de Asia,[5] pero as autoridades recentes trátana como unha especie separada co nome C. rubrofuscus.[1][6] A carpa común e varios parentes de Asia nas súas formas puras poden ser distinguidos por merística (características cuantitativas) e tamén difiren en xenética, pero poden hibridarse, o que dificulta a distinción.[1][7] A carpa común pode tamén hibridarse con Carassius auratus.[8][9] HistoriaA carpa común é nativa de Europa e Asia e foi introducida en case todas as partes do mundo excepto nos polos. É a terceira especie máis frecuentemente introducida no mundo, e a súa historia como peixe cultivado remóntase aos tempos do Imperio Romano. As carpas úsanse como alimento en moitas áreas, pero son agora consideradas unha praga nalgunhas rexións debido á súa capacidade de eliminar por competencia aos peixes nativos.[10] A carpa común orixinal encontrouse nas terras do delta do Danubio hai uns 2.000 anos, e tiña unha forma de torpedo e cor amarela-dourada. Tiña dous pares de barbelas e un patrón de escamas desordenado. Os romanos construían estanques grandes para a crianza deste peixe no sur da Europa central (verificado polo descubrimento de restos de carpa común en asentamentos escavados na área do delta do Danubio). Como a acuicultura se converteu nunha rama rendible da agricultura, fixéronse esforzos para criar estes animais, e os sistemas de cultivo axiña incluíron estanques de desove e de crecemento.[11] A área de distribución da carpa nativa tamén se estende ao mar Negro, mar Caspio e mar de Aral. Domesticáronse tanto as subespecies europeas coma as asiáticas.[5] En Europa, a domesticación da carpa para a alimentación foi estendida polos monxes entre os século XIII e XVI. As formas silvestres da carpa alcanzaran xa o delta do Rhin no século XII, probablemente con algunha axuda humana.[12] Entre as variantes que se orixinaron pola domesticación están a carpa espello, coas súas grandes escamas similares a espellos na liña lateral e sen escamas no resto do corpo (orixinada en Alemaña), a carpa de coiro (practicamente sen escamas agás preto da aleta dorsal), e a carpa koi toda cuberta de escamas (chamada 錦鯉 nishikigoi en xaponés, e 鯉魚 lĭ yú en chinés), que é unha variedade ornamental domesticada orixinada na rexión xaponesa de Niigata na década de 1820,[13] pero hoxe crese que, en realidade, a súa especie parental é probablemente unha carpa do leste de Asia, seguramente C. rubrofuscus.[1][6] FisioloxíaA carpa común silvestre é máis delgada que a domesticada, cunha lonxitude corporal que é catro veces a altura, carne avermellada e unha boca que sobresae cara a adiante. A carpa común pode medrar ata grandes tamaños se se lle dá alimento dabondo e espazo. A súa velocidade media de crecemento en peso é aproximadamente a metade da velocidade de crecemento de carpas domesticadas[14][15] Non chegan ás lonxitudes e pesos das carpas domesticadas, as cales[3] poden crecer a unha lonxitude máxima de 120 cm, un peso máximo duns 40 kg,[3] e unha idade máxima rexistrada de 65 anos, pero tamén existe información fiable de carpas nishikigoi que viviron 100 anos.[15][16] A carpa silvestre de maior tamaño rexistrada, pescouse con anzó en 2013 na Pesquería de Etang La Saussaie, Francia, pesaba 45,59 kg. O tamaño medio dunha carpa común é duns 40 a 80 cm cun peso de 2 a 14 kg. ![]() Como outros ciprínidos, as carpas comúns poden saltar da auga cando son ameazadas por depredadores, ou asustadas cando pasa unha barca. Hábitat![]() Aínda que é un peixe tolerante á maioría das condicións, prefire grandes corpos de auga de augas lentas ou encoradas con sedimentos brandos vexetais. Como é un peixe que forma bancos, prefiren estar en grupos de cinco ou máis. Viven na natureza en climas temperados en augas doces ou lixeiramente salobres cun pH de 6,5 a 9,0 e unha salinidade de arredor do 0,5%,[17] e temperaturas de 3 a 35 °C.[3] A temperatura ideal para eles é de 23 a 30 °C, e a desova empeza entre os 17 e 18 °C; sobreviven doadamente ao inverno en pozas cunha capa de xeo, con tal de que haxa algo de auga líquida baixo o xeo.[17] As carpas poden tolerar auga cun nivel de oxíxeno moi baixo, sorbendo aire na superficie.[4] DietaA carpa común é omnívora. Pode tomar unha dieta herbívora de plantas acuáticas, pero prefiren buscar nos fondos insectos, crustáceos (incluíndo zooplancto e cangrexos de río), e vermes bentónicos. ReproduciónUnha femia adulta típica poñedora de ovos pode poñer 300.000 ovos nunha soa desova.[18] Aínda que a carpa desova normalmente na primavera, en resposta a un ascenso nas temperaturas da auga e á chuvia, as carpas poden desovar moitas veces nunha estación. Nas operacións comerciais, a desova é a miúdo estimulada usando un proceso chamado hipofisación, no que se inxecta un extracto liofilizado da pituitaria no peixe. O extracto de pituitaria contén hormonas gonadotrópicas, que estimulan a maduración das gónadas e a produción de esteroides sexuais, o que acaba promovendo a reprodución. PredaciónUnha soa carpa pode poñer un millón de ovos nun ano,[4] pero as súas poboacións permanecen estables, polo que os ovos e as crías morren en enormes cantidades. Os ovos e as crías a miúdo son vítimas de bacterias, fungos, e unha gran variedade de pequenos depredadores que viven nas pozas. As carpas que sobreviven ata a idade xuvenil son depredadas por outros peixes como o lucio Esox lucius e o black bass Micropterus salmoides, e por diversas aves (como corvos mariños, garzas, patos como o Mergus merganser e aguias peixeiras)[19] e mamíferos (como a lontra e o visón). Xenética![]() ![]() ![]() A xenética de poboacións e a dinámica de poboacións silvestres foron alteradas polas manipulacións da especie feitas polo ser humano, debido aos numerosos híbridos e mutantes producidos en piscifactorías e despois introducidos na natureza para a repoboación; pero empezouse a dispoñer de marcadores microsatélites a partir da década de 1990, que deberían permitir comprender mellor a especie.[20] O xenoma mitocondrial da carpa foi secuenciado e publicado en 1994.[21] En 2004 demostrouse a existencia de poboacións naturais xeneticamente máis ou menos adaptadas ou tolerantes ao frío.[22] Manipulacións xenéticas:
A difusión na natureza de carpas manipuladas (para a repoboación, a comunicación entre cuncas fluviais a través de canles e augas de lastre etc.), igual que os transportes xeográficos a grandes distancias de cepas locais silvestres (ou non), poden interferir coa dinámica das poboacións das carpas silvestres, causando perda de diversidade específica ou funcional, polución xenética e risco de difusión de patóxenos, que encontran un contexto favorable na promiscuidade que prevalece nas piscifactorías de crianza. Introdución noutros hábitats![]() A carpa común foi introducida na maioría dos continentes e nuns 59 países. En ausencia de depredadores naturais ou de pesca comercial, estes peixes alteraron grandemente o seu medio ambiente debido á súa rápida reprodución e hábitos de alimentación de escaravellar nos sedimentos do fondo para procurar comida. Ao alimentarse poden destruír, desenraizar ou comer a vexetación mergullada, causando serios danos aos patos nativos, como os Aythya valisineria e ás poboacións de peixes.[27] En Australia, por exemplo, causaron grandes daos e propuxéronse métodos especiais para erradicala. En Victoria, Australia, a carpa común foi declarada especie de peixe daniña, e cantidade que os pescadores poden pescar é ilimitada.[28] En Australia do Sur, é delito liberar esta especie na natureza.[29] Unha compañía australiana produce un fertilizante a partir da carne de carpa.[30] Os esforzos realizados para erradicar unha pequena colonia no lago Crescent de Tasmania sen usar produtos químicos foron exitosos. Fíxose a proposta, que foi cuestionada por razóns medioambientais, de utilizar contra elas o herpes virus do koi, que ten unha alta taxa de mortalidade. Outro método proposto en Australia foi a técnica desenvolvida por CSIRO para modificar xeneticamente a carpa de maneira que produza só crías macho, o que a erradicaría. Outro exemplo de problemas creados pola súa introdución é o caso dos Estados Unidos. A carpa común tróuxose aos Estados Unidos en 1831.[31] No século XIX foi distribuída por moitas zonas do país polo goberno como un peixe para a alimentación, pero xa non é apreciada para a alimentación. A súa introdución tivo negativas consecuencias medioambientais,[32] e agora considérase xeralmente unha especie invasora. No lago Utah, Utah, espérase reducir a poboación de carpas nun 75% usando redes para capturar millóns delas e usalas como alimento ou para a produción de fertilizantes. Isto daralle ao peixe nativo Chasmistes liorus unha oportunidade de recuperar as súas poboacións en declive. Outro método é atrapalas nos afluentes nos que adoitan desovar con redes de cerco e expoñelas á rotenona. Este método reduce o seu impacto en 24 horas e incrementa moito a vexetación nativa e as especies ictícolas desexables. Isto tamén permite que as crías de carpa sexan doadamente depredadas polos peixes nativos. ![]() Na alimentación e pesca deportiva![]() ![]() Cyprinus carpio é o principal peixe en acuicultura. As toneladas de carpa común producidas só na China, sen mencionar outros ciprínidos, superan o peso de todos os outros peixes producidos en acuicultura en todo o mundo, como a troita ou o salmón. Prodúcense anualmente aproximadamente tres millóns de toneladas. A China é con diferenza o maior produtor comercial, co 70% da produción de carpa.[17] A carpa cómese en moitas partes do mundo. En Europa central, forma parte da cea tradicional de Nadal. A sopa de pescador húngara é unha sopa de carpa ou de carpa e outros peixes de río, que forma parte da cea de Nadal. Outra sopa con cabezas e vísceras de carpa céase en Nadal na República Checa ou en Eslovaquia, ou tamén carpa fritida ou cocida. En Europa occidental a carpa utilízase principalmente para a pesca deportiva, aínda que hai un pequeno mercado deste peixe como alimento.[33][34] A carpa mesturada con outros peixes úsase no prato peixe gefilte da cociña xudía. A carpa común é moi popular entre os pescadores de cana en moitas partes de Europa. Os antigos romanos cultivaban carpas en estanques, e este costume continuou nos mosteiros de Europa ata os nosos días. Na China, en Corea e no Xapón, o cultivo da carpa data do período Yayoi (c. 300 a.C. – 300 d.C.).[35] Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|