Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Carlos Álvarez Taboada

Modelo:BiografíaCarlos Álvarez Taboada

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1979 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 2025 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónIES Sánchez Cantón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4845107 AELG: 558

Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979 e finado na mesma cidade o 13 de agosto de 2025,[1] [2] foi un activista cultural, ilustrador e escritor galego.[3]

Traxectoria

Carlos Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias: Polo correo do vento.

Foi xogador de balonmán nas categoría inferiores do Teucro, defendeu con Enrique Mauricio a portería do club Artai. Estudou a secundaria no IES Sánchez Cantón e logo Publicidade.

Ten colaborado en diversas publicacións, como por exemplo no fanzine catalán Despacio ou na campaña "Mans Limpas" promovida polo SERGAS en 2007.

É autor, conxuntamente con Enrique Mauricio Iglesias, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008. Tamén colaboraron en "Queres un conto" do Xabarín Club da TVG e en 2016 foron convidados á Feira do Libro de Bos Aires como embaixadores do Salón do Libro de Pontevedra. Asinaron murais no espazo público, boa parte deles en colexios de Pontevedra. Da súa autoría son o dedicado á e scritora María Victoria Moreno e o dedicado ás mulleres de Pontevedra.[4]

En 2018 publicou en solitario A biblioteca de Pedrarcana, obra finalista no Premio Merlín:

Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana."A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade[5].

Pasamento

Finou de morte repentina o 13 de agosto de 2025 con 45 anos. Xente do mundo da cultura, da política, do activismo social e do deporte ateigou o tanatorio de San Mauro no acto civil que se celebrou polo seu pasamento. Falaron a muller, a irmá, curmáns e amigos nun acto conducido por Enrique Mauricio e no que se cantaron na súa honra "Grandola", "Non canta na cha ninguén" etc.[6]

O alcalde Pontevedra, os líderes da oposición, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), o Salón do Libro, o Festival de Cans, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, Xerais, o Xabarín, Sete falares, o Museo de Pontevedra e a Consellería de Cultura mostraron o seu pesar polo falecemento.[7]

Obras

Con Enrique Mauricio

Notas

  1. Belén López (13 de agosto de 2025). "Falece aos 45 anos o escritor, ilustrador e editor pontevedrés Carlos Taboada". Diario de Pontevedra. 
  2. "Fallece Carlos Taboada, uno de los fundadores de «Polo correo do vento»". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-08-13. Consultado o 2025-08-16. 
  3. Diario, Nós (2025-08-13). "Falece o escritor, ilustrador e editor Carlos Taboada". Nós Diario. Consultado o 2025-08-16. 
  4. López, Belén (2025-08-13). "Falece aos 45 anos o escritor, ilustrador e editor pontevedrés Carlos Taboada". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16. 
  5. "Ficha de libro". xerais.es. Consultado o 27/04/2018. 
  6. Pontevedra, Diario de (2025-08-14). "A despedida a Carlos Taboada en Pontevedra convértese nunha homenaxe colectiva ao autor". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16. 
  7. Puga, Natalia (2025-08-14). "Loito na cultura galega por Carlos Taboada: "Nada parecía imposible coas súas indicacións"". Pontevedra viva. Consultado o 2025-08-16. 
  8. "O caderno de Roque - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-01-13. 
  9. Pontevedra, Diario de (2025-03-13). "Carlos Taboada escríbelle un caderno a Roque". Diario de Pontevedra. Consultado o 2025-08-16. 
  10. Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23. 
  11. Nicolás, Ramón (2021-12-23). "De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán, de Polo Correo do Vento". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-23. 
  12. "Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento". Pontevedra Viva. 2023-12-29. Consultado o 2023-12-29. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya