Buffy the Vampire Slayer
Buffy the Vampire Slayer é unha serie de televisión estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 10 de marzo de 1997 e o 20 de maio de 2003. DesenvolvementoA serie creouna Joss Whedon coa súa propia produtora, Mutant Enemy Productions, a idea desenvolveuse primeiro nunha longametraxe en 1992 de título homónimo. A serie segue a Buffy Summers (interpretada por Sarah Michelle Gellar), a última nunha liña de mozas coñecidas como as "Vampire Slayers" ou simplemente "Slayers", que en galego viría a ser exterminadora ou cazadora de vampiros, que son "chamadas" (elixidas polo fate) para loitar contra vampiros, demos, e outras forzas do mal. Como as anteriores Slayers, Buffy conta coa axuda dun Watcher, un observador encargado de guiala e adestrala, pero a diferenza das súas predecesoras, Buffy rodéase dun círculo de amigos leais que a axudan a combater o mal, os "Scooby Gang". RepercusiónA serie normalmente tiña entre catro e seis millóns de telespectadores na súa emisión orixinal[1]. Aínda que os índices de audiencia foron máis baixos que as series de éxito dos denominadas catro grandes cadeas (ABC, CBS, NBC e Fox),[2], constituíron un éxito para a relativamente nova e pequena cadea que o emitía WB Television Network.[3]. As críticas foron positivas,[4] e foi incluída en moitas listas, como o nº 41 na lista dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos da TV Guide , nº 2 da revista Empire ou entre os 100 programas de televisión de sempre en Time[5]. Gañou tres Emmy, a serie converteuse nun fenómeno social, con fans en todo o mundo e dela fíxose unha serie derivada, Angel, así como videoxogos, novelas ou banda deseñada. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|