Assia Djebar
Assia Djebar (en árabe آسيا جبار), nada en Cherchell (Tipasa) o 30 de xuño de 1936 e finada en París o 6 de febreiro de 2015, foi unha profesora de historia, xornalista, directora de cine e escritora alxeriana de expresión francesa. BiografíaAssia Djebar naceu co nome de Fatima-Zohra Imalhayène' nunha familia da pequena burguesía tradicional alxeriana [1]. O seu pai, Tahar Imalhayène, era profesor de secundaria orixinario de Gouraya, a súa nai Bahia Sahraoui, pertencía á familia bérber dos Berkani. Assia Djebar pasou a infancia en Mouzaïaville (Mitidja), estudando na escola francesa e nunha escola coránica privada. A partir dos 10 anos estudou no Instituto de Blida, na sección clásica (grego, latín e inglés), rematando o bacharelato en 1953, entrando nas clases preparatorias literarias en Alxer e ó ano seguinte en París para pasar en 1955 á Escola Normal Superior Feminina de Sèvres, foi a primeira muller alxeriana que admitían, onde elixe o estudo da historia. En 1957 publicou a súa primeira novela, La Soif. Casou o ano seguinte cun alxeriano, deixou Francia vivindo en Suíza e en Tunisia, onde traballou como xornalista e realizou o doutoramento. A partir de fins de 1959, é profesora axudante de historia moderna e contemporánea do Maghreb na facultade de letras de Rabat. O 1 de xullo de 1962 volta a Alxeria enviada por L'Express para cubrir os primeiros días da independencia alxeriana. Entre 1962 e 1965 foi profesora de historia na Universidade de Alxer, logo da arabización do ensino da súa disciplina decidiu marchar a París. En 1974 volveu a Alxer como profesora de francés. De 1995 a 2001 foi directora do Centre d'études françaises et francophones de Luisiana en Baton Rouge, e en 1999, foi elixida membro da Academia Real de Lingua e de Literatura Francesas en Bélxica. Despois de 2001 ensinou no departamento de estudos franceses da Universidade de Nova York. O 16 de xuño de 2005 foi elixida para a Académie française, sucedendo a Georges Vedel. Obras
Notas
|