Arvicola jacobaeus
Arvicola jacobaeus é unha especie fósil de mamífero placentario da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos, familia dos cricétidos e subfamilia dos arvicolinos, unha das integradas no xénero Arvicola.[1] DescriciónA especie foi descrita en 2020 polos investigadores Gloria Cuenca-Bescós, da Universidade de Zaragoza, Jordi Agustí, do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona, Jaime Lira, da Universidade Complutense de Madrid e María Melero Rubio, da Universidade de Zaragoza.[1][2] Este descubrimento foi o resultado do achado dun total de 121 pezas dentarias fosilizadas do sitio paleontolóxico plistocénico de Atapuerca.[3][4] Nome específicoO seu nome epecífico provén do treito do Camiño de Santiago que atravesa a serra de Atapuerca e, así mesmo, en honor ao símbolo por excelencia dos peregrinos: unha das especies de vieiras,[3] Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758).[4] CarecterísticasTrátase dunha rata de auga de 18 a 22 cm de lonxitude, cunha cola de 10 a 14 cm, e de entre os 155 e os 300 g de peso. O equipo de investigación que a descubriu confirmou que se trataba da rata de auga máis antiga, de 1,2 millóns de anos de antigüidade.[1][5] Notas
Véxase taménBibliografía
Outros artigos |