Arturo Franco Taboada
Arturo Franco Taboada, nado na Coruña en 1945,[1] é un arquitecto galego. TraxectoriaObtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e doutorouse cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela coa súa tese "La Evolución de los Espacios públicos europeos". PremiosComo arquitecto gañou o Premio Internacional Puente de Alcántara pola súa obra do Centro de Control de Túneles de Pedrafita do Cebreiro e o X Premio COAG de Arquitectura[2] en 2002. Tamén conseguiu o primeiro premio do concurso do Concello da Coruña pola obra da Casa Museo de María Pita e unha mención honorífica do VI Premio Julio Galán Carvajal de 2003 pola obra Refuxio en Redes.[3] Foi finalista nos premios Aplus de arquitectura polo edificio para as novas oficinas do Ministerio de Fomento da Coruña.[4][5] Práctica docenteÉ profesor titular da Universidade da Coruña e ten impartido cursos e dado conferencias noutras universidades internacionais (Universidade Luterana do Brasil, Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, Bremen,[6] Hamburgo ou Kiel).[7] PublicaciónsEn 1993 foi un dos cinco finalistas do Premio Planeta coa súa primeira novela, El Legado del Obispo Nigromante.[8] É autor ademais de Los Orígenes de Compostela e La Catedral del Fin del Mundo, publicados na Editorial Antilia SL. Tamén é autor de títulos como Voces de la ciudad[9] (Ediciós do Castro) e Fragmentos renacentistas - Teatro Urbano. Dos ensayos gráficos[10] (Universidade da Coruña). Escribiu numerosos artigos para revistas especializadas, prensa e relatos, entre os que destaca "Kemal Bazin, el peregrino" e "Allá en el noroeste…".[11] Fixo colaboracións en ABC[12] e diversos periódicos españois. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|