Alpheus Spring Packard
Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil). TraxectoriaPackard era fillo de Alpheus Spring Packard Sr. e irmán de William Alfred Packard. Foi profesor de Zooloxía e Xeoloxía na Universidade Brown en Providence, Rhode Island, desde 1878 até a súa morte. Destacou como un dos defensores do neolamarckismo durante a eclipse do darwinismo.[1] O seu traballo principal foi a taxonomía e a anatomía dos artrópodos, e as achegas á entomoloxía económica, á zooxeografía e á filoxenia e metamorfoses dos insectos. Packard foi nomeado para a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos en 1877, onde serviu con Charles Valentine Riley e Cyrus Thomas.[2] Escribiu libros de texto escolares, como Zoology for High Schools and Colleges (undécima edición, 1904). A súa Monograph of the Bombycine Moths of North America publicouse en tres partes (1895, 1905 e 1915). En 1878 foi elixido membro da American Philosophical Society.[3] Packard describiu máis de 500 novas especies animais, especialmente bolboretas e avelaíñas, e foi un dos fundadores da revista The American Naturalist.[4] MorteAlpheus Spring Packard Jr. faleceu en Providence, Rhode Island o 14 de febreiro de 1905. Algunhas obras
AbreviaturaA abreviatura Packard emprégase para recoñecer a Alpheus Spring Packard como autoridade na descricón e taxonomía e zooloxía. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|